30.11.15

HAI UN PAÍS NO MUNDO... MARROCOS!


O xoves 26 de novembro os nenos e nenas de 1º participamos nun
taller de ACCEM para coñecer Marrocos, o país dos nosos compañeiros Suhaila e Chokri.
Aprendimos moitas cousas sobre a cultura marroquí. Puidemos degustar dátiles
con améndoas e probarnos xilabas e babuchas.
Ao final, déronnos unha man de Fátima, un regalo que prepararan Suhaila e a súa mamá ,Najat. Grazas ás dúas!

Ningún comentario: